Project Description
EMILIO MARIÑO REINO
Emilio Mariño Reino nace en Noia (A Coruña) en 1964. Escultor abstracto con ampla traxectoria que mostra a súa evolución e dominio tanto en madeira como en ferro, co que consegue plasmar a súa linguaxe. Nos seus inicios forma parte con outros artistas locais do colectivo “ Nosoutros”, cos que se dá a coñecer por toda a comarca. Na súa obra converte a rixidez en movemento, debuxa no espazo con surcos profundos nuns casos e noutros utiliza a espiral como recurso, creando series como: ” Argallando non espacio”, “Trazos dinámicos”, “Cavernas”, “ Gaiolas da memoria”. A música é tamén un tema recorrente na súa produción, descompoñendo o pentagrama en “Notas no ar” e “Lecturas del silencio”.